♻️ Tes un moble, un colchón ou outro enser voluminoso que non podes transportar ata o Punto Limpo? O Concello conta cun servizo de recollida a domicilio para facilitar esta tarefa.
📞 Só tes que solicitar a recollida no 671.606.099, por teléfono ou WhatsApp, e acordar a data.
📅 As recollidas realízanse todos os xoves, sempre previa solicitude.
Para que o servizo poida chegar ao maior número posible de veciños e veciñas, é moi importante facer un uso responsable e organizado:
➡️ Recoméndase un máximo de 3-4 bultos por domicilio.
➡️ Se acordamos unha cantidade concreta, é importante que o día da recollida estea preparada esa cantidade e non unha considerablemente superior.
➡️ As rutas organízanse previamente en función das solicitudes, polo que un exceso de voluminosos nun domicilio pode impedir atender outras recollidas xa programadas.
🔜 Se a axenda dun xoves está completa, a seguinte queda aberta para o xoves posterior.
❤️ É un servizo para todos e todas. Facendo un uso responsable, conseguimos que poida chegar cada semana a máis persoas que o necesitan.
#alcaldía #recollida #voluminosos #servizopúblico #concellodevilalba