📋✍️ A edil de #comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda anunciaron xunto ás responsables da sección de comercio da Asoc. de Empresarios Vilalba María Carballeira e Bea Souto un novo convenio de colaboración que ascende ós 8.000 euros.
ℹ️💶 Unha axuda municipal que consolida o máis elevado aporte ao comercio vilalbés ata a fecha.
✅️🤝 Este acordo posibilitará o financiamento de campañas de dinamización ao longo de todo este ano e enmárcase na total aposta do Concello polo comercio como "eixo vertebrador fundamental da economía local".
🗣 Así o explicou a concelleira responsable deste acordo María Xosé Fernández, que puxo en valor o "imprescindible da colaboración entre o Concello e o asociacionismo empresarial".
🗣 Unha visión, esta, compartida polo Vicealcalde Modesto Renda quen contextualizou esta "axuda municipal sen precedentes" como o apoio que "sen dúbidas merecía o comercio vilalbés"
#ComercioLocal #Vicealcaldía #Vilalba