🛍 #ComercioNaRúa | A Concelleira de #Comercio M.Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron acompañados polas responsables da Asoc. dos Empresarios Vilalba unha nova edición da iniciativa "Comercio na Rúa".
📆 Unha cita moi consolidada no noso calendario comercial, que nesta edición celebrarase ata o 27 de agosto.
🌳 Durante estes días, os comercios participantes sacarán á rúa as súas pezas e produtos, ofrecendo a veciños e visitantes a oportunidade de gozar das súas compras nun ambiente diferente, próximo e dinámico.
ℹ️ Ademais, con cada compra que fagas entrarás no sorteo de dous vales de 100€‼️
🤗 É por isto que convídamos a toda a cidadanía e visitantes a achegarse a Vilalba nas datas, previas ás festas de San Ramón e Santa María para tamén mercar no “Comercio na rúa” e apoiar ás tendas locais.
#Vilalba #Vicealcaldía #ComercioLocal