🏆 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, participaron onte na entrega de premios do XXXIII Torneo San Ramón, unha cita deportiva máis que consolidada dentro da programación das festas de San Ramón e Santa María.
🎾 O torneo reuniu no Complexo Deportivo A Madalena a deportistas de categorías de menores e adultos, nunha competición que volveu combinar deporte e convivencia durante estes días previos ás nosas patronais.
👏🏼 Parabéns a todas as persoas participantes polo seu esforzo e deportividade e ás gañadoras e gañadores desta edición.
❤️ Desde o Concello agradecemos ao Club Tenis Vilalbés o seu traballo e compromiso para seguir impulsando o tenis e facendo do deporte unha parte fundamental das nosas festas.
📸 Fotografías de Cris Pérez, El Progreso.
#alcaldia #deportes #torneosanramón #tenis #concellodevilalba