🎉 Mañá celebramos a Xira dos Maiores!
📌 A explanada da Madalena acollerá este mércores, 26 de agosto, unha xornada para compartir e celebrar xuntos. E facémolo, ademais, a cuberto, xa que todas as actividades estarán baixo as carpas instaladas na explanada.
🕧 12:30 | Misa cantada pola Coral Luar
🎶 Sesión vermú co Dúo Venus
🍽️ 14:30 | Xantar popular
💃 Baile co Dúo Venus
⚠️ Importante para as persoas anotadas no xantar: antes da comida deberán pasar polo punto habilitado polo Concello para recoller e aboar os seus tíckets. Nese momento, ademais, recibirán un pequeno agasallo por parte do Concello.
🙏🏼 Para facilitar o traballo da organización, recomendamos que as persoas que estean anotadas xuntas recollan os seus tickets ao mesmo tempo.
❤️ Todo listo para desfrutar dunha gran xornada de convivencia, música e festa. Vémonos mañá na Xira dos Maiores!
#alcaldía #xiradosmaiores #sanramónesantamaría26 #festaspatronais #concellodevilalba