Noticias e alertas

❤️ Vilalba xa está preparada para vivir as festas de San Ramón e Santa María! 📌 Detrás dunha vila engalanada, dos xardí...

27/08/2026

❤️ Vilalba xa está preparada para vivir as festas de San Ramón e Santa María!
📌 Detrás dunha vila engalanada, dos xardíns coidados, das mandalas, dos paraugas e do alumeado hai moitas horas de traballo que moitas veces pasan desapercibidas, pero que son fundamentais para que todo estea listo cando chegan os días grandes.
🌿 Estes días puxemos especial atención nas zonas verdes, con novos criterios de mantemento na Alameda Basanta Olano para conseguir espazos máis coidados e duradeiros.
🎨 Xa están colocadas as mandalas na rúa José Luis García Mato e hoxe mesmo tamén empezamos a instalar os paraugas na Praza da Constitución.
✨ E, por suposto, o alumeado festivo xa está en marcha para que pouco a pouco Vilalba vaia collendo ese ambiente tan especial que anuncia que as festas están aquí.
🤝🏼 Un traballo que facemos entre todos e todas para que a nosa vila luza como merece e para que poidamos desfrutar das nosas festas patronais.
👏🏼 Vilalba xa está lista. Agora tócanos desfrutala!
#alcaldía #espazospúblicos #sanramónesantamaría26 #vilalbaenfestas #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies