Noticias y alertas

🛋️ Recollida de enseres e voluminosos en Vilalba 📌 Lembrade que tedes á vosa disposición un servizo de recollida gratu...

30/08/2026

🛋️ Recollida de enseres e voluminosos en Vilalba
📌 Lembrade que tedes á vosa disposición un servizo de recollida gratuíta de enseres e voluminosos a domicilio!
📱 Só hai chamar ou solicitar por whatsapp a recollida cun mínimo de 24 horas de antelación ao teléfono 671 606 099.
👉 Recóllense mobles, colchóns, electrodomésticos, aparellos informáticos, cables, macetas...
📅 As recollidas realízanse todos os xoves, sempre previa solicitude.
Para que o servizo poida chegar ao maior número posible de veciños e veciñas, é moi importante facer un uso responsable e organizado:
➡️ Recoméndase un máximo de 3-4 bultos por domicilio.
➡️ Se acordamos unha cantidade concreta, é importante que o día da recollida estea preparada esa cantidade e non unha considerablemente superior.
➡️ As rutas organízanse previamente en función das solicitudes, polo que un exceso de voluminosos nun domicilio pode impedir atender outras recollidas xa programadas.
🔜 Se a axenda dun xoves está completa, a seguinte queda aberta para o xoves posterior.
❤️ É un servizo para todos e todas. Facendo un uso responsable, conseguimos que poida chegar cada semana a máis persoas que o necesitan.
🫶 Grazas pola vosa colaboración!
#alcaldia #vilalba #voluminosos

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies