Noticias e alertas

🎉 Hoxe inauguramos oficialmente as festas de San Ramón e Santa María cunha gala moi especial, na que a cultura e o tale...

30/08/2026

🎉 Hoxe inauguramos oficialmente as festas de San Ramón e Santa María cunha gala moi especial, na que a cultura e o talento local foron os grandes protagonistas.
📖 Jacobo Paz Limia recibiu o galardón do LII Certame Literario de Vilalba pola súa obra Fíos, escollida por unanimidade polo xurado entre as 38 obras presentadas.
🎙️ O pregón correu a cargo de Daniel Veiga, director da Banda de Música de Vilalba, nunha intervención cargada de emoción e recoñecemento ao traballo de todas as persoas que, xeración tras xeración, manteñen viva esta formación.
🎶 A gala contou tamén coas actuacións da Banda de Música de Vilalba e da Minibanda de Vilalba, e coa participación da Escola Municipal de Teatro, que puxeron o seu talento e ilusión a esta primeira gran cita das festas.
👏🏻 Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta gala e a todas as que nos acompañastes para dar o pistoletazo de saída ás nosas festas.
❤️ Agora si…comezan San Ramón e Santa María! 🎉
#alcaldía #cultura #vilalbaenfestas #sanramónsantamaría26 #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies