Noticias y alertas

🎉 SEGUIMOS VIVINDO AS FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA! ❤️ XOVES 3 DE SETEMBRO — SEGUNDO DÍA INFANTIL 📌A Praza da Co...

03/09/2026

🎉 SEGUIMOS VIVINDO AS FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA!
❤️ XOVES 3 DE SETEMBRO — SEGUNDO DÍA INFANTIL
📌A Praza da Constitución é hoxe de novo un gran espazo de diversión con inchables, xogos, actividades e espectáculos gratuítos para que os máis pequenos e pequenas desfruten ao máximo das festas.
💦 Parque Acuático Tropical con Tripletobogán, Rampa Aqua Red Wave e Mundo Marino.
👏 Festa da Escuma ás 20:00h!
📌 Horario dos inchables: de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
📍 Praza da Constitución. Co patrocinio do grupo Entrepinares, que ofrecerá tamén unha merenda gratuíta para todos os nenos e nenas asistentes.
♟️ Pola tarde, ás 18:00 horas, ‘Participa e move ficha!! XXXII partidas simultáneas de xadrez’. Na Praza da Constitución. As Partidas estarán abertas á participación do público en xeral, sen límite de idade.
Todos os participantes recibirán un agasallo. Antonio Nieto Velado será o mestre de Xadrez. Actividade organizada por Espazo Xove Vilalba.
📽️ Ás 20:00 horas, dentro do Ciclo Mestre Mateo, proxección da longametraxe ‘Antes de Nós’ de Ángeles Huertas. No Auditorio Municipal de Vilalba ás 20.00h. De balde e organizada por Iescha.
🎟️ Reserva de localidade: entradasvilalba.es.
#alcaldia #cultura #vilalbaenfestas #sanramónesantamaría26 #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies