Noticias y alertas

👏🏻 Segundo Día Infantil das festas de San Ramón e Santa María, e outro auténtico éxito! ✨ A Praza da Constitución volv...

03/09/2026

👏🏻 Segundo Día Infantil das festas de San Ramón e Santa María, e outro auténtico éxito!
✨ A Praza da Constitución volveu encherse hoxe de centos de nenos e nenas dispostos a desfrutar dunha xornada chea de diversión. 🎈
💦 Os inchables acuáticos foron os grandes protagonistas e axudaron a levar mellor a calor, antes de rematar a tarde cunha concorrida e divertida festa da escuma. 🫧
🧀 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, encargáronse de repartir a merenda, facilitada polo supermercado Gadis e o Grupo Entrepinares, patrocinador dos Días Infantís das festas patronais.
♟️ Ademais, a tarde tamén tivo espazo para o deporte e a concentración coas XXXII Simultáneas de Xadrez, organizadas polo Espazo Xove de Vilalba.
❤️ Unha nova xornada na que as familias e os máis pequenos desfrutaron ao máximo!
#alcaldía #infanciaexuventude #díasinfantís #vilalbaenfestas #sanramónesantamaría26

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies