Noticias e alertas

🎶 Vilalba celebra os 20 anos do Festival de Bandas Pepe Guntín! 🎺 O Auditorio Municipal encheuse esta tarde de música...

05/09/2026

🎶 Vilalba celebra os 20 anos do Festival de Bandas Pepe Guntín!
🎺 O Auditorio Municipal encheuse esta tarde de música con motivo da XX edición deste festival, organizado pola Banda de Música de Vilalba coa colaboración do Concello.
🎼 A xornada reuniu tres grandes formacións, que ofreceron as súas actuacións: Banda de Música de Siero, que participou por primeira vez no festival; Banda de Música da Comarca de Sarria e Banda de Música de Vilalba.
🎙️ O acto contou coa presentación de Baruk Domínguez, presidente da Asociación da Banda de Música de Vilalba, e coas intervencións da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e da concelleira de Cultura, Mónica González.
❤️ 20 anos de música, encontros e homenaxe a Pepe Guntín. Que sigan soando moitos máis!
#alcaldía #cultura #xxfestivaldebandaspepeguntín #vilalbaenfestas #sanramónesantamaría26

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies