Noticias y alertas

📸 Día das parroquias ✅ Como é tradicional, as festas de San Ramón e Santa María de Vilalba acollen na súa última xornad...

06/09/2026

📸 Día das parroquias
✅ Como é tradicional, as festas de San Ramón e Santa María de Vilalba acollen na súa última xornada o tradicional Día das Parroquias.
👏 Neste ocasión, a homenaxeada foi a parroquia de Román.
Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol.
👉 Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural.
👍 Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
#alcaldia #cultura #vilalbaenfestas #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies