Noticias y alertas

📢 PRAZO DE SOLICITUDE PARA O CONCILIA NA TARDE 2026/2027! ‼️ O Concello abre mañá, 8 de setembro, o prazo para solicita...

07/09/2026

📢 PRAZO DE SOLICITUDE PARA O CONCILIA NA TARDE 2026/2027!
‼️ O Concello abre mañá, 8 de setembro, o prazo para solicitar praza no servizo Concilia na Tarde, que permanecerá aberto ata o 21 de setembro, ambos os dous incluídos.
🕞 O servizo funcionará de 15:30 a 17:30 e contará con 60 prazas repartidas entre o CEIP Mato Vizoso, o CEIP Ínsua Bermúdez e a Escola de Educación Infantil, con 20 prazas en cada centro.
ℹ️ Para que o servizo se poña en funcionamento será necesario un mínimo de 5 solicitudes en cada centro.
📌 A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que “facilitar a conciliación é tamén facer políticas que axuden ás familias no seu día a día” e sinala que o Concello continuará apostando por servizos públicos que permitan ás nais e aos pais compatibilizar a súa vida familiar e laboral.
📅 Solicitudes: do 8 ao 21 de setembro
📍 No Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica
👥 Usuarios/as fixos/as e ocasionais
🔜 Comezo do servizo: 1 de outubro
❤️ Seguimos apostando por servizos que acompañan ás familias e facilitan a conciliación.
#alcaldía #conciliación #familias #educación #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies