Noticias e alertas

🎒📚 A edil de #comercio María Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto a usuarios do Centro Ocupa...

08/09/2026

🎒📚 A edil de #comercio María Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto a usuarios do Centro Ocupacional e os Empresarios Vilalba a #campaña da "volta ao cole" 👇
ℹ️🛍 Así, ata o vindeiro 20 de setembro, por cada compra que fagas nos negocios participantes vas recibir papeletas para entrar no sorteo de 2 'vales' de compra de 250€, que se realizará no próximo Desfile do Comercio Local, no mes de outubro.
💚 Parte da campaña estará vinculada ao Centro Ocupacional de Vilalba, pois por cada 5 papeletas recollidas, destinaremos 1€ á compra de materiais elaborados no seu obradoiro, que repartiremos durante a campaña de Nadal.
#ConcelleríaDeComercio #Vicealcaldía #Vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies