Noticias e alertas

👏🏼 Vilalba foi este domingo protagonista da Ofrenda á Virxe dos Remedios, coa alcaldesa Marta Rouco como encargada de...

13/09/2026

👏🏼 Vilalba foi este domingo protagonista da Ofrenda á Virxe dos Remedios, coa alcaldesa Marta Rouco como encargada de representar á vila, ás súas parroquias e á súa veciñanza nesta tradición secular. Acompañada nesta celebración polos representantes da corporación municipal e polas nenas vilalbesas, Thalía e Haydée.
📌 Marta Rouco puxo o foco na responsabilidade de cada xeración coas que veñen detrás, defendendo unha Terra Chá con oportunidades para a mocidade e onde as persoas maiores reciban o coidado e a dignidade que merecen.
🌍 A alcaldesa abordou tamén os conflitos e os movementos migratorios desde unha perspectiva humana: “Detrás de cada persoa que emigra hai unha persoa, unha familia e a esperanza de construír unha vida mellor.”
🤝🏼 Unha mensaxe que pechou cunha reflexión sobre a responsabilidade pública: “Gobernar non é mandar. É servir.”
🎶 A xornada contou tamén coa participación da Coral Polifónica Vilalbesa e a Banda de Música de Vilalba, que ofreceu un concerto ao remate da misa no Santuario dos Remedios.
❤️ E non podemos esquecernos de agradecer a Thalía e Haydée o seu acompañamento e á súa familia.
#alcaldía #ofrendadosremedios #mondoñedo #tradición #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies