🛣️ As actuacións nos camiños e accesos do rural van sumando quilómetros ao longo de todo o municipio.
📍 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron hoxe no barrio da Frouxeira, en Sancovade, para comprobar o resultado dunha das intervencións realizadas a través do parque móbil da Deputación de Lugo: a rexeneración integral duns 250 metros de vial.
➕ Esta actuación súmase ás diferentes intervencións realizadas en Sancovade e ás levadas a cabo tamén en San Simón da Costa, Lanzós, Samarugo, Rioaveso e outras parroquias.
🤝🏼 Son moitos os camiños que precisan melloras e os recursos dispoñibles son limitados. Por iso, o traballo avanza de maneira progresiva, atendendo prioridades e aproveitando cada recurso para chegar ao maior número posible de puntos do rural.
📌 Actuación a actuación, seguimos mellorando os camiños das nosas parroquias.
#alcaldía #afrouxeira #sancovade #parroquias #concellodevilalba