📋✍️ O Vicealcalde Modesto Renda reuniuse este martes con gandeiros/as, agricultores e sindicatos agrarios para explicar o "Proxecto de Agrupamento de Terras de Uso Agrario do Concello de Vilalba".
🟢 Unha medida, que subvencionará o 100% dos gastos notariais dos veciños/as e gandeiros que desexen permutar e que, avanzou, terá contiuidade en 2027, logo do grande interese que está a xerar entre a veciñanza do rural.
☝️ Tanto os produtores como os representantes de UUAA e o Sindicato Labrego, trasladaronlle ao Vicealcalde a súa vontade de colaboración e este deu conta do porqué do prazo fixados, así como de todos detalles relativos á tramitación.
🗣 Pola súa parte, Renda comprometeuse a facer un balance común co sector ao final de ano e, de cara ao vindeiro, a incluír unha baremación que favoreza aos gandeiros/as no caso de que haxa un número moi elevado de solicitudes por parte de veciños/as non produtores.
#Vicealcaldía #Urbanismo #Vilalba #Parroquias