💪🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de deportes, Paula Vigo, recibiron hoxe no Concello a Julia Cabarcos, deportista vilalbesa que xa forma parte da historia do culturismo galego.
🏆 Julia converteuse na primeira galega en conseguir unha praza para o Mr. Olympia de Las Vegas, unha das grandes citas internacionais desta disciplina.
✈️ Esta mesma tarde emprende a viaxe cara Las Vegas, onde do 24 ao 27 de setembro competirá na categoría Women's Physique.
👏🏼 Quixemos acompañala antes deste gran reto, transmitirlle todo o apoio e o cariño de Vilalba e, sobre todo, recoñecer unha traxectoria construída durante anos a base de esforzo, disciplina e moitas horas de preparación.
❤️ Julia, agora toca desfrutar desta oportunidade e levar contigo un anaquiño de Vilalba. Moita sorte e moita forza! Estamos contigo!
#alcaldía #deportes #culturismo #mrolympia #concellodevilalba