📌 Que necesitamos para que unha muller poida desenvolver o seu proxecto de vida no rural?
💜 Esta foi unha das reflexións que fixo hoxe a alcaldesa, Marta Rouco, na inauguración de ‘APODERADAS: O rural tamén é noso’, a xornada organizada por FADEMUR Galicia en Vilalba, que reuniu arredor de 300 mulleres.
🌱 Porque falar de emprendemento feminino no rural non é falar só de crear empresas. É falar tamén de servizos, conciliación, vivenda, conectividade, mobilidade e oportunidades. De que o lugar no que vivimos non sexa un obstáculo para aquilo que queremos facer.
💬 “Non quero un rural no que unha muller poida quedar só se é capaz de superar unha carreira de obstáculos. Quero un rural no que quedar sexa unha opción real”.
🤝🏼 E tamén de dar un paso máis: as mulleres non son só parte da solución aos retos do rural, son protagonistas á hora de decidir que rural queremos construír.
👏🏼 Grazas a FADEMUR Galicia por traer esta xornada a Vilalba e a todas as mulleres que participaron nela por compartir o seu traballo, as súas ideas e as súas experiencias.
#alcaldía #igualdade #mulleresrurais #fademurgalicia #concellodevilalba