Noticias y alertas

📌 O pleno ordinario do Concello de Vilalba celebrarase mañá xoves, 24 de setembro, ás 18:00 horas, no salón de plenos d...

23/09/2026

📌 O pleno ordinario do Concello de Vilalba celebrarase mañá xoves, 24 de setembro, ás 18:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.
👉 Resolución dun Plan Económico-Financeiro do Concello de Vilalba para os exercicios 2026 e 2027.
👉 Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 11, reguladora da taxa pola prestación do servizo de saneamento do ciclo da auga ou sumidoiros, como consecuencia da actualización anual do IPC.
👉 Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 16, reguladora da taxa pola prestación do servizo de subministración de auga.
👉 Aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal nº 5, relativa ao imposto de vehículos de tracción mecánica, para establecer unha bonificación do 100% para os vehículos considerados históricos pola Dirección Xeral de Tráfico.
👉 Determinación do texto regulador relativo ao prezo público polas inscricións na Escola Municipal de Teatro.
👉 Aprobación do proxecto das obras de reforzo do firme, mellora da drenaxe e da sinalización do vial de acceso a Escourido, A Parrocha, Fraga, O Outeiro e Covo, na parroquia de Noche.
👉 Aprobación do proxecto das obras do Centro de Transformación do Mel na parroquia de San Simón.
👉 Aprobación inicial da Modificación Puntual nº 9 das Normas Subsidiarias de Planeamento de Vilalba, no lugar de A Parrocha, parroquia de Nete.
👉 Dación de conta da liquidación do exercicio 2025 do Concello de Vilalba e do Organismo Autónomo Museo da Prehistoria e Arqueoloxía.
👉 A continuación, será a quenda das mocións, rogos e preguntas dos grupos da Corporación municipal.
🖥️ A sesión poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Vilalba.
#alcaldía #pleno #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies