Noticias e alertas

📢 Publicadas as bases de selección e nomeamento do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego T...

24/09/2026

📢 Publicadas as bases de selección e nomeamento do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego Terra Chá no Camiño VI.
👥 Ofértanse un total de 5 prazas:
👉🏼 1 director/a
👉🏼 3 monitores/as-docentes
👉🏼 1 persoa de apoio/administrativa
📅 As persoas seleccionadas terán un contrato de 9 meses, a xornada completa, en réxime de interinidade e carácter temporal, como funcionarios/as interinos/as do Concello de Vilalba adscritos á execución do programa.
📝 O sistema de selección será por concurso-oposición, con entrevista persoal, proba de aptitude e coñecementos e baremo de méritos.
📌 Prazo de presentación de solicitudes: do 25 ao 29 de setembro, ambos incluídos.
💻 As solicitudes poderán presentarse a través da oferta de emprego do SPEG/SEPE ou directamente na convocatoria pública, no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba ou a través da sede electrónica municipal, achegando o modelo oficial de solicitude (Anexo I) e a documentación requirida.
ℹ️ As bases completas, requisitos, instrucións, temario e demais información poden consultarse no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello de Vilalba e no BOP do 24 de setembro de 2026 (https://deputacionlugo.gal/gl/node/85022).
#alcaldía #emprego #obradoiro #persoal #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies