Noticias e alertas

💚☝️🐝 A exposición "Abellas e abellerios, unha relación ancestral na Galicia meleira, chega á Casa da Cultura de Vilalb...

25/09/2026

💚☝️🐝 A exposición "Abellas e abellerios, unha relación ancestral na Galicia meleira, chega á Casa da Cultura de Vilalba, impulsada pola concellería de Cultura, co obxectivo de que o público visitante descubra o mundo fascinante da abella, un dos insectos máis organizados e traballadores do mundo animal.
📋 Unha exposición didáctica comisariada por Ricardo Fernández, que se apoia nunha investigación previa coa que se creou o argumento expositivo para achegar ao espectador todo un universo descoñecido polo gran público sobre a vida e obra das abellas.
ℹ️ Unha investigación documental baseada nos diferentes procesos técnicos do manexo destes pequenos insectos en Galicia desde tempo inmemorial, e un traballo de campo co asesoramento técnico do abelleiro Manuel Sande, construíndo con iso un relato ameno e interesante que percorre o «Ano apícola en Galicia», visto desde o prisma da abella e do entendemento co himenóptero por parte do abelleiro galego.
#MáisCultura #Vicealcaldía #MedioRural

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies