Noticias y alertas

✅️🎭A Concelleira de #Cultura Mónica González anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de...

28/09/2026

✅️🎭A Concelleira de #Cultura Mónica González anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de #Teatro, que dará comezo o xoves 8 de outubro de 2026.
ℹ️ Coa Escola Municipal de Teatro, o Concello de Vilalba busca fomentar a creatividade e a expresión das persoas participantes, ofrecendo unha alternativa de lecer cultural.
ℹ️ A Escola Municipal de Teatro está dirixida a diferentes grupos de idade e ofrece unha formación teatral adaptada a cada nivel.
⏰️ Os horarios das clases serán os xoves:
🟢 Grupo Infantil: de 17:30 a 18:30 h- de 6-10 anos – nº de prazas 12- prezo 45€
🟢 Grupo Xuvenil: de 18:30 a 20:00 h- de 11-17 anos -nº de prazas 12- prezo 67,50€
🟢 Grupo Adultos: de 20:15 a 22:15 h- de 18 + anos -nº de prazas 20 – prezo 90€
ℹ️ O prezo correspondente á tempada 2026/2027 (outubro-xuño). Pagamento único.
ℹ️ A actividade NON SE REALIZARÁ nos grupos que non acaden un MÍNIMO DE 5 ALUMNOS/AS.
📩 INSCRICIÓNS 👇
ℹ️ O prazo de inscrición estará aberto dende o 25 de setembro ao 7 de outubro de 2026 e durante o curso, unha vez iniciado o mesmo sempre que existan prazas vacantes.
ℹ️ A inscrición poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es/board) ou mediante rexistro presencial no Concello de Vilalba.
ℹ️ Existe un número limitado de prazas, polo que a admisión realizarase por rigoroso orde de rexistro das solicitudes.
ℹ️ A realización das clases quedará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnado inscrito que garanta a viabilidade do grupo. No caso de non acadarse un mínimo de cinco (5) alumnos/as rexistrados/as, a actividade non se levará a cabo.
📲 Toda a info e solicitudes en ➡️ vilalba.gal
#MáisCultura #Vicealcaldía #EscolaDeTeatro

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies