🏆 Santaballa recibe un recoñecemento provincial ao seu patrimonio, á súa memoria e ao seu traballo colectivo.
📌 O proxecto ‘Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade’ foi distinguido co Premio ao Turismo Sostible nos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Deputación de Lugo.
👥 A alcaldesa, Marta Rouco, a concelleira de Turismo, María Xosé Fernández, a concelleira de Cultura, Mónica González, e o presidente da Liga Santaballesa Santaballa , Isidro Cillero, asistiron ao acto de entrega dos premios, acompañando a entidade neste recoñecemento.
👏🏼 Un recoñecemento que ten como protagonista á Liga Santaballesa, polo traballo desenvolvido durante anos para conservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio e a memoria da parroquia.
🏛️ Desde o Concello de Vilalba, a través da Oficina de Turismo, presentamos este proxecto aos premios, acompañando e dando visibilidade a unha iniciativa que nace do propio territorio e da implicación da súa veciñanza.
🤝🏼 Parabéns á Liga Santaballesa e a todas as persoas que fan posible que Santaballa siga contando a súa historia e convertendo o seu patrimonio nun recurso vivo.
#alcaldía #turismo #premio #turismosostible #concellodevilalba