Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

30/09/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de xardinaría na contorna do Auditorio, escola infantil municipal e Galiña Azul, muíño do Rañego e paseo fluvial, contorna do cemiterio municipal, área recreativa da Madalena, etc.
👉 Rozas de espazos e camiños: accesos e campos da festa de Carballido, Alba e Soeixo.
👉 Arranxos varios en desperfectos no mobiliario urbano, superficies de rúas e outros espazos.
👉 Limpeza dos canalóns e baixantes do edificio da Praza de Abastos.
👉 Podas de árbores en Quart de Poblet, camiño do Campo Redondo e zona verde da rúa Pepe Apenela.
👉 Rexeneración do areeiro do CEIP de Monseivane (Moreda).
👉 Limpeza e desatascos varios de arquetas e canalizacións de pluviais.
👉 Reposición e recolocación de distintas sinais informativas.
👉 Pintado para a visibilización de espazos en varias rúas.
👉 Recorte de sebeiros na contorna da capela do Santo e accesos ao polígono industrial.
👉 Traballos varios e resolución de avarías na rede de alumeado municipal.
👉 Actuacións derivadas das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies