♻️ Segunda campaña de recollida porta a porta de plásticos agrícolas.
📞 A partir do 1 de outubro, as explotacións dadas de alta no REGA ou REAGA poderán solicitar a recollida dos seus plásticos agrícolas, a cal se realizará a finais do mes de outubro, previa cita.
📲 As solicitudes deberán facerse directamente con Ambigal 360 no teléfono 653.940.988, onde se axendará a recollida en cada explotación.
🚜 Que materiais se recollen? Plásticos procedentes da actividade agrícola, gandeira e outras actividades: principalmente lonas plásticas de ensilado, plástico estirable de cores empregado nos bolos de silo e sacos plásticos de abono.
⚠️ Para que poidan ser retirados, os plásticos deberán estar separados doutros residuos. Non se recollerán voluminosos, sacos de rafia ou polipropileno, redes e cordas, pneumáticos, envases plásticos baleiros ou animais. O material que non cumpra estas condicións non poderá ser retirado.
🏡 Este servizo, posto en marcha polo Concello de Vilalba neste 2026, permite achegar a recollida directamente ás explotacións e mellorar a xestión destes residuos, evitando ademais os problemas que xeraban os antigos puntos de depósito nas parroquias, converténdose en vertedoiros incontrolados con outros residuos contaminantes ou perigosos.
#medioambiente #rural #plásticosagrícolas #portaaporta #concellodevilalba