👏🏻 Vilalba, sempre en movemento, tamén os domingos de feira!
🧺 Esta mañá, a Praza de Santa María acolleu a primeira Feira de Futuros/as Produtores/as Profesionais, dando protagonismo aos produtos de proximidade e a novas iniciativas que queren medrar no noso territorio.
🪩 E pola tarde, o Centro Cultural volveu encherse de música, baile e ganas de pasalo ben co Dúo Dilema.
📌 Dous momentos diferentes, pero cun mesmo obxectivo: seguir dinamizando os domingos de feira e facer de Vilalba unha vila con actividade e espazos de encontro.
🤝🏼 Desde o Concello seguimos apostando por crear propostas, recuperar espazos e xerar oportunidades para que a xente saia á rúa, participe e desfrute da súa vila.
✨ Porque dinamizar Vilalba tamén é isto: crear momentos para atoparnos e facer comunidade.
#alcaldia #feirasemercados #domingodefeira #domingodebaile #concellodevilalba