🤝🏼 A Casa da Cultura acolleu esta mañá o Foro Xeneracambio, organizado pola Cruz Vermella, un espazo de encontro para compartir ideas e propostas arredor dos retos que afronta o noso territorio.
🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, participou nesta xornada xunto a representantes de diferentes axentes da Terra Chá, poñendo en común reflexións sobre cuestións como a vivenda, a mobilidade, o emprego, a remuda xeracional e a atracción de novos poboadores.
💬 Un encontro para falar de persoas, recursos, alianzas e acción, pero tamén para avanzar cara a solucións concretas a través do traballo colaborativo.
🫂 Porque afrontar os retos do rural require sumar esforzos, compartir coñecemento e traballar xuntos polo futuro da nosa terra.
❤️ Desde o Concello agradecemos á Cruz Vermella a organización deste foro e a todas as persoas e entidades participantes a súa implicación.
#alcaldía #xeneracambio #cruzvermella #retosdorural #concellodevilalba