⚖️ O Concello de Vilalba pon en marcha, en colaboración con Movemento pola Paz, un novo servizo de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría.
🤝🏼 Unha avogada da asociación desprazarase a Vilalba o segundo martes de cada mes para atender as persoas que sexan derivadas polo persoal de Servizos Sociais do Concello.
📄 O obxectivo é achegar información e orientación xurídica especializada e facilitar o acceso a este recurso desde o propio municipio.
📢 Ademais, o próximo 13 de outubro, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura, terá lugar unha charla informativa sobre “Regularización extraordinaria. Que sucede despois da concesión?”, impartida pola avogada de Movemento pola Paz.
💬 Unha sesión para coñecer os pasos posteriores á concesión da regularización extraordinaria, resolver dúbidas e contar con información especializada.
📍 13 de outubro · 10:30 · Casa da Cultura de Vilalba
#alcaldía #servizossociais #estranxeiría #regularización #concellodevilalba