🚌 A estación de autobuses de Vilalba leva anos precisando unha solución. Desde o Concello vimos reclamando á Xunta unha actuación que permita contar cun espazo adecuado para o transporte público, con condicións de seguridade, accesibilidade e comodidade para as persoas usuarias.
📩 Ante a falta dunha proposta concreta, a alcaldesa, Marta Rouco, decidiu dirixirse directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para reclamar que se actúe con urxencia e se dea resposta a unha necesidade que Vilalba leva tempo poñendo enriba da mesa.
📍 A proposta do Concello pasa por buscar unha nova localización para o transporte público, que permita garantir un servizo axeitado, con espazo suficiente para os autobuses, zona de espera cuberta, accesibilidade, aseos públicos e información para as persoas usuarias.
🏠 Ao mesmo tempo, os actuais terreos da estación son de titularidade municipal. Se se atopa unha nova localización axeitada, o Concello propón destinar este solo á creación de vivenda pública, poñendo patrimonio municipal ao servizo dunha necesidade tamén prioritaria para Vilalba.
🤝🏼 É unha proposta que busca dar resposta a dúas necesidades concretas: mellorar o transporte público e aumentar o parque de vivenda pública. Para facelo posible, é necesaria a colaboración entre administracións e, neste caso, unha resposta da Xunta de Galicia.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #estacióndeautobuses #vivenda #concellodevilalba