Noticias y alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

14/10/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ Nas últimas datas realizáronse entre outras actuacións:
👉 Acondicionamento de alcorques en distintas rúas.
👉 Retirada de árbores caídas na Charca do Alligal, paseo fluvial e camiño na parroquia de Román.
👉 Soprado de folla no paseo fluvial.
👉 Preparativos para o día mensual de feira.
👉 Arranxo de porterías no campo de herba artificial.
👉 Reparacións varias en mobiliario urbano.
👉 Limpeza das fontes da Madalena e das Fontiñas.
👉 Retirada de elementos perigosos dos terreos da Xira.
👉 Retirada de tullas do IES Lois Peña Novo
👉 Limpeza e desatasco de sumidoiros, arquetas e pluviais.
👉 Pintado de varias dependencias no CEIP Terra Cha de Román. Tamén de espazos reservados de aparcadoiro.
👉 Traballos de xardinaría na rúa da Pravia, Alameda, rúa da Emigración, as Fontiñas, rúa de Galicia, rúa dos Pepes, travesía dos Castros, etc.
👉 Tarefas de roza en vías de comunicación e outros lugares: Sendeiro do ratiño Pérez, campo da festa de Penarredonda, campo da festa (da xuventude) de Lanzós, capela dos Remedios de Ladra, contorna do cemiterio municipal, etc.
👉 Limpeza de canalóns, baixantes e outras canalizacións de pluviais no CEIP Ínsua Bermúdez e no CEIP Mato Vizoso.
👉 Arranxos nos baños do CEIP Mato Vizoso.
👉 Colocación de bolardos en distintas localizacións.
👉 Limpeza de cunetas na parroquia de Ínsua.
👉 Traballos na rede de alumeado municipal (Escola de Noche e de Codesido). Resolución de avarías.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies