🟢🛍 A edil de #Comercio María Xosé Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto á responsable de comercio dos Empresarios Vilalba María Carballeira o Desfile do Comercio de Vilalba, que terá lugar o sábado 17 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio Carmen Estévez.
ℹ️ Unha iniciativa que busca dar visibilidade aos establecementos comerciais da vila, achegar a súa oferta á cidadanía e demostrar que o comercio de proximidade continúa sendo unha opción atractiva, diversa e de calidade.
☝️ O evento reunirá moda, tendencias, música, baile e dinamización nunha xornada pensada para todos os públicos. En definitiva, unha oportunidade para descubrir as novidades da tempada de outono-inverno e, ao mesmo tempo, compartir unha tarde diferente arredor dun dos sectores fundamentais da economía local.
🟢 PROTAGONISMO PARA A CAMPAÑA DA VOLTA AO COLE 👇
Outro dos momentos destacados da xornada será a celebración dos dous sorteos da campaña Volta ao Cole, unha iniciativa desenvolvida para incentivar as compras nos establecementos locais durante o inicio do curso escolar.
Durante o desfile darase a coñecer o número total de participacións recollidas ao longo da campaña, así como o importe que a Asociación destinará á compra de material no Centro Ocupacional de Vilalba.
#ConcelleríaDeComercio #Vicealcaldía #Vilalba