🏛️ Hoxe recibimos na Casa do Concello o alumnado de segundo de primaria do CEIP Insua Bermúdez, que veu descubrir como funciona a administración local.
🫂 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo acompañáronos nun percorrido polos departamentos municipais, onde coñeceron o traballo diario que se realiza e os trámites que pode facer a veciñanza.
💬 A visita rematou no salón de plenos, onde o alumnado se converteu en protagonista cunha morea de preguntas sobre Vilalba: a súa poboación, o número de parroquias, a corporación municipal ou o noso patrimonio cultural.
❤️ Unha experiencia para achegar o Concello aos máis pequenos e pequenas e descubrirlles como se traballa cada día ao servizo dos veciños e veciñas.
#alcaldía #educación #ceipinsuabermúdez #visitasescolares #concellodevilalba