Noticias e alertas

🩷💙 Onte, 15 de outubro, dende o Concello de Vilalba sumámonos á conmemoración do Día Internacional da Conciencia sobre...

16/10/2026

🩷💙 Onte, 15 de outubro, dende o Concello de Vilalba sumámonos á conmemoración do Día Internacional da Conciencia sobre a Perda Xestacional, Perinatal e Neonatal, iluminando de rosa e azul os bancos da rúa da Pravia a petición da asociación BolboretasNoCeo
🕊️ Con este xesto simbólico queremos contribuír a dar visibilidade á perda dun fillo ou filla durante a xestación, o parto ou os primeiros días de vida, e ao dó que viven tantas familias.
📌 Unha iniciativa para lembrar que detrás de cada perda hai unha historia, unha dor e unha memoria que merecen ser recoñecidas e acompañadas. Visibilizar esta realidade tamén é unha forma de coidar, comprender e non deixar soas as familias que a atravesan.
#alcaldía #perdaxestacional #perdaperinatal #perdaneonatal #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies