Noticias y alertas

🏭 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, xunto aos concelleiros Ignacio Criado e Luis Fernández, visitou hoxe a planta do...

16/10/2026

🏭 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, xunto aos concelleiros Ignacio Criado e Luis Fernández, visitou hoxe a planta do Grupo Entrepinares de Vilalba, acompañada doutras autoridades, entre elas a conselleira do Medio Rural, e membros da corporación municipal.
🧀 A empresa atópase nun momento clave para o seu desenvolvemento, cun proxecto de produción de queixo cottage que contempla un investimento superior aos 20 millóns de euros.
🔜 A posta en marcha dunha nova liña de produción está prevista para o segundo semestre de 2027 e suporá a creación duns 80 novos empregos na primeira fase.
🐄 A planta vilalbesa conta actualmente con case 500 persoas empregadas. Ademais, para 2026 prevese a recollida de máis de 250 millóns de litros de leite procedentes dunhas 200 ganderías galegas.
📌 Unha actividade que pon de relevo o peso da industria láctea no desenvolvemento económico de Vilalba e na actividade do sector gandeiro galego.
#alcaldía #industria #grupoentrepinares #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies