Noticias e alertas

🏭 O Concello de Vilalba colabora coa Asociación de Empresarios de Vilalba no reforzo da seguridade do polígono industri...

19/10/2026

🏭 O Concello de Vilalba colabora coa Asociación de Empresarios de Vilalba no reforzo da seguridade do polígono industrial.
🔧 Con fondos municipais e un investimento de arredor de 15.000 euros, o persoal municipal realizou a colocación dos postes, as bases de formigón e 1.500 metros de cableado para a subministración eléctrica das 12 cámaras instaladas pola asociación empresarial.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, xunto aos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, visitou hoxe o parque empresarial co presidente da asociación, Moisés Carballeira, para valorar a actuación e seguir traballando conxuntamente na mellora das instalacións.
📹 Unha vez que as cámaras estean operativas, a asociación prevé asinar un convenio co Concello para a súa cesión, co obxectivo de que a Policía Local poida visualizar as imaxes.
📌 Unha colaboración que busca reforzar a seguridade e mellorar as condicións dun espazo fundamental para a actividade económica e o emprego en Vilalba.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #cámaras #polígonoindustrial #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies