Noticias e alertas

♻️ Súmate ao Voluntariado Marrón! 📢 Mañá comezamos as accións informativas a pé de rúa para dar a coñecer esta iniciat...

19/10/2026

♻️ Súmate ao Voluntariado Marrón!
📢 Mañá comezamos as accións informativas a pé de rúa para dar a coñecer esta iniciativa municipal que busca impulsar a reciclaxe dos residuos orgánicos en Vilalba.
🤎 Estaremos no Campo da Feira, de 10:30 a 13:30, cun punto informativo no que explicaremos como funciona o colector marrón, entregaremos os kit de reciclaxe ás persoas voluntarias, resolveremos dúbidas e informaremos sobre como participar no programa.
🏡 Buscamos familias, persoas particulares e establecementos comprometidos coa sostibilidade. Só tes que anotarte como voluntario/a e comezar coa reciclaxe da materia orgánica!
📩 Non podes achegarte mañá? Podes inscribirte no 982.510.305 ou na Casa do Concello.
🌱 Separamos os residuos orgánicos hoxe para darlles unha nova vida mañá. Súmate!
#alcaldía #medioambiente #colectormarrón #materiaorgánica #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies