Noticias e alertas

♻️ Esta mañá estivemos no Campo da Feira dando a coñecer o programa "Súmate ao Voluntariado Marrón". ℹ️ Unha iniciativa...

20/10/2026

♻️ Esta mañá estivemos no Campo da Feira dando a coñecer o programa "Súmate ao Voluntariado Marrón".
ℹ️ Unha iniciativa municipal para impulsar a separación dos residuos orgánicos e a utilización do colector marrón.
🤝🏼 Os concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado achegáronse ata o punto informativo, onde a veciñanza amosou o seu interese por coñecer o proxecto e participar nel.
🪴 As persoas que non puideron recibir hoxe o seu caldeiro aireado poderán recollelo nas vindeiras datas. Desde as oficinas municipais contactaremos previamente coas persoas interesadas para informalas sobre a entrega.
📩 Se hoxe non puideches achegarte e queres sumarte ao voluntariado marrón, aínda estás a tempo! Podes inscribirte na Casa do Concello ou chamando ao 982 510 305.
🌱 Cada pequeno xesto conta.
#alcaldia #voluntariadomarrón #medioambiente #colectormarrón #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies