📚 A alcaldesa, Marta Rouco, reuniuse hoxe coa presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, Marisa Barreiro, para pechar os detalles dos actos que esta fin de semana renderán homenaxe a Agustín Fernández Paz.
🏛️ Un dos momentos centrais será o descubrimento da placa da Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz, que dará cumprimento público ao nomeamento aprobado polo pleno en xullo de 2025, a proposta do IESCHA, e que recoñece a importancia do escritor vilalbés.
🤝🏼 Os actos enmárcanse na iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, coa que o IESCHA busca divulgar e poñer en valor todas as facetas do autor, desde a súa obra literaria ata o seu compromiso coa lingua, a educación e a sociedade. A iniciativa pretende impulsar a súa candidatura para que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas de 2028.
🏆 A fin de semana completarase coa entrega do IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade e co anuncio da obra gañadora da décima edición, nunha programación que convida a manter viva a memoria e o legado do escritor.
📅 Consulta nos carteis todos os detalles dos actos previstos para este venres 23 e sábado 24 de outubro. Agardámoste! ❤️
#alcaldía #agustínfernándezpaz #letrasgalegas2028 #concellodevilalba