🏭 A alcaldesa, Marta Rouco, xunto aos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, visitou hoxe AviLugo, no polígono industrial Sete Pontes, para coñecer o seu novo proxecto: un matadoiro especializado en aves ecolóxicas que prevé unha capacidade de sacrificio de ata 500.000 aves ao ano.
📌 O proxecto da empresa dirixida por Manuel Vidal conta con zonas específicas para a actividade de matanza, oficinas e formación, ademais dunha área para a descarga e o lavado de camións. A empresa prevé tamén a creación de dez novos postos de traballo.
🤝🏼 Desde a Alcaldía seguimos apostando por estar preto das empresas de Vilalba, coñecer os seus proxectos e acompañar o desenvolvemento do tecido empresarial, a innovación e a creación de emprego.
📈 O crecemento das empresas locais e as oportunidades laborais que xeran son fundamentais para o futuro económico do noso municipio.
#alcaldía #emprego #economía #polígonosetepontes #concellodevilalba