⚽ O fútbol tamén é un espazo para derrubar barreiras.
👏🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, acompañaron ao Racing Club Villalbés na presentación dunha nova tempada do seu equipo Genuine, un proxecto que botou a andar xa no ano 2022.
❤️ Que un club con tanta historia e arraigo no noso municipio aposte pola inclusión a través do deporte é motivo de orgullo para Vilalba. O Rácing é, ademais, o único club non profesional que conta cun equipo desta categoría, unha iniciativa que demostra que o fútbol vai moito máis alá da competición.
🤝🏼 Queremos poñer tamén en valor o labor diario do Centro Ocupacional Vilalba. A colaboración entre entidades permite crear espazos nos que cada persoa pode participar, sentirse parte dun equipo e gozar do deporte en igualdade.
📌 Parabéns por seguir facendo equipo e construíndo unha Vilalba máis inclusiva, dentro e fóra do campo!
#alcaldía #deporte #genuine #deporteinclusivo #concellodevilalba