💐 Hoxe é un día moi especial para a nosa veciña Alicia Morado, de Codesido, que celebra os seus 100 anos de vida.
🎂 A alcaldesa, Marta Rouco, xunto á concelleira Paula Vigo, achegouse á súa casa para felicitala e compartir con ela e coa súa familia esta data tan sinalada.
❤️ Con este centenario, Alicia súmase ao grupo de máis dunha vintena de persoas centenarias de Vilalba, veciños e veciñas que representan toda unha vida de esforzo, traballo, experiencias e memoria.
🤝🏼 Desde o Concello continuamos con estas visitas, iniciadas en 2024, para recoñecer e poñer en valor as persoas maiores do noso municipio, escoitar as súas historias e agradecer todo o que achegaron ás súas familias e á sociedade vilalbesa.
🎉 Parabéns de novo, Alicia! ❤️
#alcaldía #servizossociais #centenarios #aniversario #concellodevilalba