📖 O Auditorio Municipal acolleu hoxe a gala do IX Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, unha cita na que a alcaldesa, Marta Rouco, aproveitou a súa intervención para poñer o foco no poder dos libros para construir un futuro no que as persoas persigan os seus soños sen limitacións.
🏆 Fran Fernández Dávila, con Quero ser coma Vero Boquete, foi o gañador desta edición. Na gala tamén se anunciou a obra premiada no X certame: O derradeiro xogo do avó, de Miguel Alonso Diz.
📌 O legado de Agustín estivo moi presente, tamén a través de "Miradas sobre Agustín", a iniciativa do IESCHA que busca impulsar a súa candidatura ás Letras Galegas 2028.
❤️ A gala contou coa participación do Centro Ocupacional Vilalba-Terra Chá, Carlos Gómez Osa, o minicoro da ESMUVI e as alumnas da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva.
✨ Unha celebración que mantén viva a memoria dun autor que fixo da literatura unha ferramenta para educar, cuestionar prexuízos e construír unha sociedade máis xusta.
#alcaldía #igualdade #agustínfernándezpaz #literaturainfantilexuvenil #concellodevilalba