Noticias e alertas

♻️ Volve Vintalba! O mercado de segunda man de Vilalba regresa á Praza de Santa María o domingo 8 de novembro, cunha nov...

26/10/2026

♻️ Volve Vintalba! O mercado de segunda man de Vilalba regresa á Praza de Santa María o domingo 8 de novembro, cunha nova edición de outono-inverno.
🛍️ Esta será a quinta edición dunha iniciativa que xa é unha das favoritas da veciñanza e das persoas que nos visitan os domingos de feira. Unha oportunidade para atopar novos tesouros, darlles unha segunda vida aos obxectos e apostar pola reutilización.
📩 Queres participar co teu posto? O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o 4 de novembro, ambos os días incluídos. Consulta as bases e envía o anexo cuberto a feiras@vilalba.es.
ℹ️ É necesario achegar un mínimo de 25 artigos de segunda man e ter a solicitude aceptada pola organización. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vilalba.
📍 Praza de Santa María
🕙 Mercado aberto de 10:00 a 15:00
📞 Máis información: feiras@vilalba.es
Agardámoste no Vintalba! ❤️
#alcaldía #feirasemercados #segundaman #vintalba #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies