Noticias e alertas

🚧 Comezan as obras de renovación da rede de abastecemento na rúa Cidade de Viveiro. 🗓️ Os traballos arrancan mañá, mar...

26/10/2026

🚧 Comezan as obras de renovación da rede de abastecemento na rúa Cidade de Viveiro.
🗓️ Os traballos arrancan mañá, martes 27 de outubro, e desenvolveranse en catro fases, das que se informará previamente a través das canles oficiais do Concello.
🚗 Na primeira fase, o tramo dende o cruce coa rúa Plácido Peña e o cruce coa rúa Domingo Goás terá sentido único de circulación, en dirección de saída do casco urbano. O resto do tráfico desviarase pola rúa Domingo Goás.
⛔ Non estará permitido estacionar en ningunha das dúas marxes deste tramo.
🙏🏼 Pregamos á veciñanza que preste atención á sinalización e desculpe as molestias que estas obras poidan ocasionar.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #obras #cidadedeviveiro #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies