Noticias y alertas

📸 A Tasca do Liño celebrou onte a súa XVIII edición cunha xornada festiva na parroquia de San Bartolomeu de Insua. ✅ O...

01/11/2026

📸 A Tasca do Liño celebrou onte a súa XVIII edición cunha xornada festiva na parroquia de San Bartolomeu de Insua.
✅ O actor Rubén Riós foi o encargado do pregón, no que destacou “a capacidade de crear futuro desde o rural e a importancia do asociacionismo e das mulleres galegas, mantendo os seus fogares e preservando oficios e tradicións”.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, reivindicou “o traballo da Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua para recuperar este legado cultural arredor do liño, un patrimonio desta parroquia, de Vilalba e de Galicia”.
Xunto a Marta Rouco e Rubén Riós, interviron na inauguración da Tasca do Liño Mónica González, concelleira de Cultura de Vilalba, que remarcou “a necesidade de que desde as institucións apoiemos as tradicións populares das nosas parroquias”, e Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, que incidiu na importancia “de visibilizar o traballo que durante décadas fixeron as mulleres”.
👉 Tamén asistiu á XVIII edición da Tasca do Liño a actriz Benedicta Sánchez, que amosou a súa satisfacción “polo prestixio que teñen a día de hoxe o liño e os traballos vinculados á artesanía”.
A programación da xornada incluíu obradoiros, demostracións, música, degustacións do ‘cacho’, xantar popular e queimada, con centos de persoas que pasaron por Ínsua para disfrutar desde evento festivo.
Marta Rouco engadiu ademais “a importancia de que esta Tasca do Liño teña cada vez un maior apoio, como no caso deste ano por parte da Fundación Adolfo Domínguez”.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies