📢 O goberno local leva a pleno un crédito extraordinario de 545.871,46 euros para financiar novas actuacións de mellora tanto no casco urbano como nas parroquias.
📌 Entre os principais asuntos figuran a mellora da rúa Plácido Peña, actuacións na piscina climatizada, no PAI e no campo da Madalena, a renovación do saneamento da rúa Pita de Veiga, actividades de dinamización nas parroquias, acondicionamento de parcelas para aparcadoiro público, bacheos na zona rural e melloras en edificios municipais.
🛣️ Tamén se abordará a aprobación do proxecto actualizado para volver licitar as obras de rexeneración do acceso a Ver, en Goiriz, cun investimento de 36.800 euros.
📋 A orde do día inclúe o sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais do 29 de novembro, a toma de coñecemento das renuncias de dous concelleiros do BNG e a solicitude da credencial para Alfonso Baamonde, así como outros asuntos económicos e administrativos.
📅 O pleno extraordinario celebrarase mañá, 3 de novembro, ás 9:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello e tamén poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube municipal 🔗 https://www.youtube.com/live/ygVViPKhs6M
ℹ️ Consulta toda a información en www.vilalba.gal/novas.
#alcaldía #plenoextraordinario #ordedodía #información #concellodevilalba