Noticias e alertas

📚 A Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz está chea de novidades! 👏🏼 Temos nova bibliotecaria, Cata, dous recoñe...

06/11/2026

📚 A Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz está chea de novidades!
👏🏼 Temos nova bibliotecaria, Cata, dous recoñecementos ao labor de animación á lectura —o Premio María Moliner e o Bibliotecas que Inspiran 2026— e novos espazos para desfrutar dos libros e estudar.
✨ Dous premios que tamén son froito do traballo e o compromiso de Atenea Ruibal, que estivo á fronte da biblioteca nos últimos anos e á que queremos agradecer todo o que achegou a este espazo.
📌 Seguimos traballando tamén para poñer en valor o legado de Agustín Fernández Paz, coa nova aula que leva o seu nome e na que estamos preparando a incorporación de parte dos libros que doou ao pobo de Vilalba.
❤️ Todo isto forma parte dun mesmo obxectivo: coidar e manter viva a nosa biblioteca, para que siga sendo un espazo aberto e cheo de vida para todos os veciños e veciñas.
#alcaldía #concelleríaeducación #bibliotecamunicipal #novidades #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies