🏆 A Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz recibe o premio Bibliotecas que Inspiran 2026!
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, a concelleira de Educación, Paula Vigo, e a bibliotecaria Atenea Ruibal recolleron hoxe na Cidade da Cultura en Santiago este recoñecemento, dotado con 3.000 euros, no marco da II Xornada Internacional de Bibliotecas Públicas de Galicia - Norte de Portugal.
ℹ️ O premio distingue o proxecto "Legado compartido", que relata a organización e os resultados da actividade "Polavila Xabier P. Docampo", unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor.
📌 A iniciativa, celebrada este ano en Vilalba, contou coa colaboración do Instituto de Estudos Chairegos, o Concello e unha ampla rede de entidades e asociacións da contorna. Preto de 250 persoas pasaron pola biblioteca municipal a través desta actividade.
👏🏼 Un recoñecemento ao traballo en rede e ao compromiso que hai detrás dunha biblioteca que segue medrando e abríndose a toda a comunidade.
😊 Un agradecemento especial a Atenea Ruibal polo seu labor e dedicación durante estes anos, así como ao Instituto de Estudos Chairegos - Iescha - pola súa constante colaboración.
Parabéns a todas as persoas e entidades que o fixeron posible! ❤️
#alcaldía #educación #biblioteca #premio #concellodevilalba