🚗 O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo tamén fai parada en Vilalba!
🛍️ A alcaldesa, Marta Rouco; o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas; e o presidente da Asociación de Empresarios de Vilalba, Moisés Carballeira, participaron hoxe na presentación desta campaña, que percorre diferentes localidades da provincia para dar visibilidade ao comercio de proximidade.
🎁 As persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos establecementos participantes poden rexistrar os seus tíckets en https://www.sorteocomercio.es/coche e participar no sorteo dun MG3 Hybrid+.
📅 O prazo para participar remata o 30 de novembro. O sorteo celebrarase o 3 de decembro, ante notario, no Pazo de San Marcos, en Lugo.
📌 Unha oportunidade para apoiar os establecementos da provincia, apostar polas compras de proximidade e contribuír a manter vivo o comercio das nosas vilas.
#alcaldía #federacióncomercio #depulugo #sorteo #concellodevilalba